lunes, 26 de septiembre de 2016



AS FERRAMENTAS DO PLE de Natividad Díaz


O PLE é unha expresión que se utiliza para referirse o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións, servizos e actividades que cada persoa emprega de forma habitual para acadar obxectivos relacionados ca adquisición de novas competencias.

As partes principais dun PLE son as seguintes:

- Ferramentas e estratexias de lectura das nosas fontes de coñecemento, é dicir as fontes de información do meu interese e os mecanismos que empregamos para acceder, buscar e organizar as nosas fontes de información.

- Ferramentas, mecanismos e estratexias de reflexión coas que, tras un proceso de síntese e organización, reconstruímos o coñecemento obtido. 

- Ferramentas e estratexias de relación (que dan forma á PLN -Rede Persoal de Aprendizaxe-) que enriquece o noso coñecemento e experiencias ao incluír o entorno social no noso PLE

Non existen ferramentas exclusivas para desenvolver unha parte específica do noso PLE, senon que en gran medida dependen da utilización que fagamos dela ou do espazo elixido.

Resultado de imagen de imagen ple

Todos temos un PLE,todos temos as nosas estratexias de aprendizaxe ou as nosas fontes de información que empregamos para aprender. O que acontece é que hoxe en día calquera pode ser productor de información, unido a que as fontes de información son moi variadas e dispersas.





FEEDLY

Ten 94 fontes de información.

Tecnología RSS : " en vez que eu traballe para internet, esta tecnoloxía                  ( páxinas, blogs) fai que cando publiquen algo novo envianmo.



A miña experencia co Storify

Tras utilizar Storify, creo que esta ferramenta posibilita a creación eficaz de noticias como si fora un blog persoal para alguen que queira crear noticias de forma rápida e sin complicacións, e que non necesita unha persoalización excesiva, que simplemente quere contar algo, sin mais.



Pódese interaccionar entre contas propias das redes sociais Google+, Facebook, Twitter...a conta de Storify e publicar novos artículos de forma rápida, sencilla e eficaz .Permite dividir as noticias dandolle prioridade a uns parágrafos ou a outros, e incluso a posibilidade de movelos antes de publicalos.


Encontreime con algúns tropezos que sería bo mellorar como que incluira un corrector, e non estaría de mais que o Storify fose en castelán,


Neste momento vexoo mais para a inclusión de noticias serias que para un blog persoal, ainda que tamén pode ser pola forma na que se este utilizando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario