viernes, 29 de julio de 2016

Reflexión al Módulo 1 de Natividad Díaz



Marco de referencia da orientación laboral

O Servizo Público de Emprego Estatal, céntrase na creación, desenvolvemento e seguimento das Políticas de Emprego. Reforza a coordinación entre todos os axentes que interveñen no mercado de traballo.

As competencias de emprego repártense da seguinte forma:

- lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica: EXCLUSIVA DO ESTADO

- políticas pasivas de emprego:(todo o referente ás prestacións e subsidios por desemprego....) EXCLUSIVA DO ESTADO

- O desenvolvemento e execución das políticas Activas de emprego: COMPETENCIA TRANSFERIDA A GALICIA DESDE O ANO 1997

.O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas forman o Sistema Nacional de Emprego.

A mellora da vertebración e a eficiencia da política de emprego e de funcionamento do Sistema Nacional de Emprego requiredous instrumentos concretos previstos no marco legal: un catálogo de servizos comuns na nova lexislación como Estratexia Española de Emprego.

A Estratexia Europea de Emprego(EEE) constitúe un programa anual de planificación, seguimento, exame e axuste das políticas dos Estados membros con obxecto de coordinar os instrumentos que estes utilizan para combater o desemprego.



O mercado laboral

Os mercados estructuranse pola converxencia de dous feitos: a oferta e a demanda de traballo.

A oferta de traballo é a población activa e a demanda está constituída pola cantidade de traballadores cas empresas e empregadores están dispostos a contratar.

Activos :  personas de mais de 16 anos que na semana de referencia realizaron man de obra para a produción e servizos ou están dispoñibles e en condicións de incorporarse a producción.

   * Ocupados: cando na semana de referencia estiveron traballando durante polo menos una hora a cambio     de unha retribución en diñeiro o especie ou quen tendo traballo estiveron temporalmente ausentes do            mesmo por enfermidade, vacacións,etc.

   * Parados: cando na semana de referencia estiveron sin traballo, dispoñibles para traballar e buscando          activamente emprego.

Inactivos: persoas de mais de 16 anos non incluídos nas categorías anteriores.

Taxas segundo a EPA

Taxa de actividade (Ta) = (Poboación activa/Poboación en idade de traballar) x 100

Taxa de paro(Tp) = ( Poboación desempregada/Poboación activa) x 100

Taxa de emprego(Te) = (Poboación ocupada/Poboación en idade de traballar) x 100

Para mellorar a situación na que se atopa o mercado laboral débese procurar elevar a taxa de emprego, sendo o ideal facelo reducindo a taxa de paro a vez que se aumenta a taxa de actividade.

Paro Estructural: desaxuste entre a oferta e a demanda de traballadores, non adaptabilidade dos axente económicos internos as demandas externas, obsolecencia dun modelo productivo determinado(ej:"vellez" tecnológica).

Paro Friccional: atópase referido a que os traballadores buscan cambiar de emprego en vistas de progreso ou simplemente renovación.

Paro Cíclico: cando é causado só por un ciclo. en países economica e socialmente débiles traen consecuencias como a violencia e a desobediencia civil ( crisis del 1929).

Paro Estacional: varía coas estacións do ano en consecuencia de fluctuaciones na oferta ou demanda de traballo ( agricultura).



Certificación e formación profesional

Dicimos que unha persoa está cualificada cando no seu desempeño laboral, obten os resultados esperados, cos recursos e o nivel de calidade debido.

O Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL), é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e o correspondente Catálogo Modular da Formación Profesional.

Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial as cualificacións profesionais no ámbito da administración laboral, que teñen como obxectivo dar respostas ás necesidades da sociedade do coñecemento baseada na competitividade, a empregabilidade, mobilidade laboral.  A súa expedición corresponde a administración competente con carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.. Son un referente que permitirán certificar, de maneira homoxenea, as competencias profesionais dos traballadores que teñan sido adquiridas desde:

- a experiencia profesional

-a formación profesional para o emprego
-a formación profesional inicial 

                                                    

Política social e de emprego na Unión Europea

A Unión Europea e os gobernos nacionais comparten a responsabilidade nas políticas de emprego, asuntos sociais e inclusión.

 A Unión Europea coordina e supervisa as políticas nacionais, impulsa o intercambio de boas prácticas en materia de emprego, pensións, pobreza e exclusión social.

Os gobernos nacionais son os principais responsables de política social e de emprego. O financiamento da Unión Europea neste ámbito limitase a apoiar e complementar os seus esforzos.

De acordo coa estratexia de Europa 2020, a estratexia europea de emprego impulsa medidas para:

- crear postos de traballo

- dinamizar e equilibrar mellor os mercados laborais

-supervisar as políticas de emprego cos países da Unión Europea a través das siguientes iniciativas:

     * paquete de medidas para o emprego

     * medidas para fomentar o emprego xuvenil

     * iniciativas Europa 2020 (emprego, asuntos sociais e inclusión)

Unha das catro liberdades que gozan os ciudadanos da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores que inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador o dereito de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro. Estes dereitos van acompañados dalgunhas restricciones en especial no que se refire ao dereito de entrada e residencia e ao dereito de acceso a empregos na Administración Pública.
O propósito de EURES é proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación/colocación (procura de emprego) aos traballadores e empresarios, así como calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.

                                                                




Debemos coñecer cando falamos do mercado de traballo os seguintes termos:A mobilidade dos traballadoresRede Eures: Rede Europea de Servizos Europeos.

A iniciativa emprendedora como forma de actuación  

O grao de benestar e riqueza dunha economía está directamente relacionado coa súa actividade emprendedora.

A desmotivación dos españois para emprender podese explicar por:

- as barreiras mentais: falta de valoración social do papel de empresario- a falta de ídeas e o descoñecemento do sector.

- a falta de formación específica para o emprendemento.

- a falta de financiamento.

- o temor o fracaso e os medos persoais.

Os tres elementos esenciais para a creación de empresas son a idea, o emprendedor e o  plan de empresa.

A idea , é o proceso mental a partir do cal se converte un concepto inicial nunha oportunidade. Responde á esencia do negocio que se pode condensar na pregunta ¿que emprender?

Persoa emprendedora , é aquela que foi capaz de concibir a idea, a persoa sobre a que vai recaer a responsabilidade da iniciativa e posta en marcha da nova empresa. Responde a pregunta ¿quen?

Plan de empresa , e o documento no que se plasman todas as reflesións realizadas para darlle forma a ídea e convertela nun proxecto empresarial. Responde a pregunta: ¿cómo emprender?

Como modelo de negocio temos o MODELO CANVAS que serve para confeccionar deseños empresarias a partir dunha idea para pór em marcha a empresa, elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.

REFLEXIÓN FINAL 

Tocounos vivir unha situación tanto económica como laboral de incertidumbre, donde non sabemos como afrontar ambos temas, andamos dando bandazos e probando solucións a ver con cal acertamos.Teorías hai moitas e maneiras de levalas a cabo tamén, pero a cousa parece que vai para longo.O mercado laboral cada vez é máis inestabable, cando fai un tempo os empregos duraban non se sabe cantos anos, incluso algúns eran de por vida, na actualidade hai contratos de días, semanas, meses, etc., co cal a orientación laboral é moi complicada. Non hai unha titulación específica para esta profesión polo que está un pouco dispersa, hai moitos profesionales que levan neste campo anos, e gracias a súa experiencia vamos aprendendo os que non temos tanta, pero non hai unhas directrices a seguir polo que eu creo que se debería estandarizar a súa mecánica e os seus protocolos.Todo esto beneficiaría as empresas para todos los cambios que se están a sufrir tanto no mercado laboral como productivo, cambios nos postos de traballo e na súa  adaptación.

PARA SABER MAIS

Portal del Servicio Público de Empleo Estatal
Certificados de Profesionalidad
Modelo CANVAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada